Publicador de contidos
Publicador de contidos

Enfermos de ELA peregrinan a Santiago

Enfermos de ELA peregrinan a Santiago

O obxectivo desta peregrinación é darlle visibilidade a esta enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular

G24.gal 08/09/2024 19:36

Partiron o xoves do Cebreiro e, despois de pasaren por Portomarín, este domingo empezaron unha nova etapa do camiño en Melide.

"É a primeira vez que veño, coñecín xente marabillosa e pasámolo moi ben no Camiño. Atopámonos con moitas dificultades pero ímolas superando coa axuda dos voluntarios e da Garda Civil. Despois de tres días somos unha familia".

Son trece enfermos de esclerose lateral amiotrófica e catro doutras patoloxías, que van arroupados por máis de medio cento de persoas entre familiares e voluntarios. 

"O obxectivo é darlles visibilidade, que poidan chegar a todos os sitios, que non queden na casa. Hai vida e meréceno".

"Feitos coma este ou a entrada onte en Portomarín, que foi espectacular, son un canto á vida e á esperanza."

Entre os voluntarios que os acompañan, axentes dos Grupos Rurais de Seguridade da Garda Civil, fundamentais para axudar na loxística e salvar os obstáculos.
Tamén unha patrulla policial mixta como a que forman Marisa, Fabián e Manuel. Destinados na oficina de apoio ao peregrino, encárganse de que o Camiño sexa máis seguro e accesible.

"Tanto profesionalmente coma persoalmente é moi agradable e gratificante o cariño que recibes da xente e o carácter co que vén o peregrino. É unha experiencia incrible".

Se todo sae segundo o previsto, o grupo de peregrinos chegará o martes a Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade