Publicador de contidos
Publicador de contidos

A pesca, o agro e a construción demandan axudas ao Goberno

A pesca, o agro e a construción demandan axudas ao Goberno

Varios sectores esixen que se aproben medidas que poidan paliar as perdas económicas que están a sufrir

G24.gal 27/03/2022 21:04

Sectores como a pesca, o agro, a gandería e a construción tamén fan as súas reivindicacións. A falta de subministración de materiais e a alza de prezos nos combustibles e nas materias primas fan difícil a supervivencia de moitas empresas e autónomos. Demandan ao Goberno que aprobe medidas que lles permitan seguir coa súa actividade e que palien as perdas económicas que están a sufrir.

Tras unha hora de xuntanza, os mariñeiros de Bueu, Raxó, Portonovo e Lourizán, xunto co presidente da federación de confrarías de Pontevedra, decidían voltar ao mar a partir do luns. O resto do sector levantaba xa o paro da frota o pasado mércores.

Todos eles están á expectativa das propostas que plantexará o ministerio de pesca. O martes vindeiro agardan poder chegar a un acordo para o sector.

Enriba da mesa está esa rebaixa no prezo do combustible e a exoneración das cotas á seguridade social como mínimo ata xuño.

Demandas tamén do sector gandeiro. Teñen dificultades para conseguir materias primas como os pensos ou os abonos. Aseguran que o seu traballo non dá beneficios e que as vendas non chegan a cubrir os gastos.

O sector da construción tamén vive momentos complicados. A falta de subministración de materiais xunto ao aumento de prezos nas materias primas somerxe o sector nunha "situación dramática", así o denuncia a Federación Galega de Construción. Advirten da escalada de prezos no aceiro, no formigón e nos derivados do petróleo.

Aseguran que os altos custos da construción dificultará o cumprimento de proxectos, tamén de obra pública e demandan que o Goberno aprobe medidas que axuden ao sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar