Publicador de contidos
Publicador de contidos

A piques de rematar o ano, os usuarios de tren descoñecen que acontecerá cos bonos en 2024

A piques de rematar o ano, os usuarios de tren descoñecen que acontecerá cos bonos en 2024

A Conselleira de Infraestruturas envioulle un escrito ao Ministro de Transportes reclamando información

 Solicitan unha convocatoria urxente da Conferencia Sectorial con todas as comunidades

G24.gal 12/12/2023 14:45

Óscar colle todos os días o tren entre Santiago e Ourense por traballo. É un dos beneficiados pola gratuidade das viaxes, pero a día de hoxe non sabe que vai acontecer en xaneiro. Asumir o custe económico que había antes, afirma, supón unha hipoteca para moitos usuarios.

Coma el, son 68.000 os galegos que están a facer uso destes bonos gratuítos e pendentes do seu futuro. Traballadores, pero tamén estudantes como Ángela e Jannet.

Unhas bonificacións que tamén afecta o transporte por estrada e que teñen en vilo a moitos usuarios. A Xunta de Galicia esixiu por escrito información ao Ministro de Transportes. Unha carta na que reclamaron a convocatoria urxente da conferencia sectorial para que o Goberno concrete o futuro das bonificacións no transporte público de cara ao 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade