Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o traslado da planadora que apareceu varada en Muxía

Comeza o traslado da planadora que apareceu varada en Muxía

Un primeiro guindastre non puido coa embarcación de 13 metros de longo e que conta con catro motores

G24.gal 24/03/2023 11:03 Última actualización 24/03/2023 14:15

A primeira hora da tarde comezaba o traslado da potente lancha de 13 metros de eslora, que apareceu varada na praia de Nemiña, no concello coruñés de Muxía. O seguinte paso será levala por estrada a un lugar seguro onde se poida examinar polo miúdo.

Trátase dunha embarcación semellante ás que hai cousa dun mes foron localizadas noutro areal de Ribeira. Os investigadores da Garda Civil xa fixeron esta mañá unha primeira análise do interior en busca de pistas sobre a súa orixe. Atoparon aparellos de navegación e gasolina. 

Calcúlase que a lancha, dotada de catro motores de gran potencia, podería transportar uns 3.000 quilos de droga. 

O guindastre mobilizado ou xoves non tiña a capacidade de manipular a planadora debido ao seu peso. Agora, tras darlle a volta e sacala do areal coa axuda dunha pa, agarda por un guindastre de maior capacidade para levalo a unha nave para a súa inspección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade