Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Plataforma en Defensa do Transporte anunciará este luns se volve á folga

A Plataforma en Defensa do Transporte anunciará este luns se volve á folga

Considera "insuficientes" as medidas postas en marcha polo Goberno  

Asegura que o sector está a pasar por unha "difícil situación"

Denuncia o incumprimento da lei que prohibe traballar a perdas no sector 

G24.gal 06/11/2022 21:01 Última actualización 06/11/2022 21:37

Nas asembleas provinciais da Plataforma Nacional en Defensa do Transporte votaron durante esta fin de semana se queren ou non volver á folga.

Desde esta plataforma, que integra autónomos e pequenas empresas de transportistas, consideran "insuficientes" as medidas postas en marcha polo Goberno e aseguran que o sector está a pasar por unha "difícil situación".

"Nós agora estamos entre o 30 e o 60% por debaixo de custos", asegura Julio Zapico, delegado da Plataforma Nacional para a Defensa do Transporte en Asturias.

"Non se penaliza a quen non cumpre o decreto lei, pois estamos cada vez peor, o transporte está agonizando", di María José Sánchez, delegada da Plataforma en Defensa do Transporte en Almería.

Desde esta organización e desde as asociacións de transportistas de mercadorías por estrada denuncian o incumprimento da lei que prohibe traballar a perdas no sector por parte das empresas cargadoras e operadores loxísticos.

"Saíu unha lei a raíz da folga de marzo que obriga os cargadores (clientes dos transportistas) e operadores loxísticos a repercutir e a pagar a suba de custos, a suba dos carburantes. Para aquelas empresas que non cumpran o Goberno ten que facer os seus deberes e hai unha norma que obriga a inspeccionar e sancionar estas empresas que non cumpran", di Myriam Otero, secretaria xeral de Apetamcor.

A Plataforma en Defensa do Transporte anunciará este luns os resultados das votacións e se finalmente volve paralizar o sector.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade