Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manteñen o paro do transporte, pero as estradas recuperan o 95 % do tráfico pesado habitual

Manteñen o paro do transporte, pero as estradas recuperan o 95 % do tráfico pesado habitual

Manuel Hernández: "É un paro obrigatorio, estamos moito peor que cando empezamos"

A vicepresidenta económica insta aos convocantes a recuperar a actividade: "Hai un bo acordo"

G24.gal 29/03/2022 15:01

A plataforma convocante do paro no transporte pide un último esforzo tras 16 días de mobilizacións. Din que están na recta final dun conflito que só pode rematar cando se atendan as súas reivindicacións. "É un paro obrigatorio ante a falta de posibilidades de traballar. Agora mesmo estamos en peores circunstancias que cando paramos, porque o gasoil segue subindo", sostén Manuel Hernández.

Pero a situación vai normalizándose paulatinamente, e o tráfico de vehículos pesados está xa nos niveis habituais, fronte ao 30 por cento das semanas pasadas.  E o presidente de ATA asegura que "o 95 por cento dos 207.000 autónomos do transporte que hai en España están traballando".

Mantéñense algunhas mobilizacións en Galicia, Asturias, o País Vasco e Cádiz. Alí unha caravana de cen camións bloquea o tráfico da cidade. E algúns portos, como de Valencia, están conxestionados porque a falta de transporte interrompe a carga e descarga de contedores.

A vicepresidenta económica chama a recuperar a normalidade total no transporte tras o acordo pactado entre o executivo e a maioría das asociacións do sector. "Hai un bo acordo e por tanto ten que desactivarse ese paro patronal das últimas semanas. Canto antes hai que recuperar a normalidade, e de feito cónstame que xa se está recuperando", di Nadia Calviño.

A ministra de Transportes reúnese hoxe con representantes das empresas cargadoras, ás que lles trasladará as medidas aprobadas, como a rebaixa de 20 céntimos por litro de combustible, que se aplicará dende este venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade