Cargando resultados...
A poboación de cigala segue baixo mínimos na costa galega
A poboación de cigala segue baixo mínimos na costa galega
Un equipo do Instituto Español de Oceanografía utilizou cámaras submarinas para cuantificar a poboación desta especie
G24.gal
29/06/2023 20:25
Última actualización 29/06/2023 21:02
A cigala é unha especie que non se pode capturar en Galicia desde 2017. Un equipo do Instituto Español de Oceanografía utilizou cámaras submarinas para cuantificar a poboación desta especie na zona norte.
Son case seis mil quilómetros cadrados entre Fisterra e Cedeira.
A cigala atópase en fondos lamacentos. Para saber da fauna acompañante utilizaron unha estructura semellante a un bou de vara.
O sedimento analizouse cunha draga e as mostras tamén servirán para medir a contaminación na zona.