Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía busca un home fixo varios disparos tras unha pelexa nunhas festas en Vilagarcía

A policía busca un home fixo varios disparos tras unha pelexa nunhas festas en Vilagarcía

O suposto autor é a parella dunha muller que quedou ferida nunha liorta ocorrida de madrugada tras a verbena en Castro de Agudín, onde celebraban o San Roque

G24.gal 01/09/2023 13:26

A policía busca o home que na madrugada do martes empuñou unha pistola e disparou varios tiros ao aire nas festas do San Roque celebradas en Castro de Agudín, no concello de Vilagarcía de Arousa.

O suceso tivo lugar tras unha pelexa que se produciu ao redor das cinco da mañá e na que unha muller resultou agredida por dous homes. Presentouse entón no lugar a parella dela, na procura dos responsables da liorta.

Neste contexto, o home sacou unha pistola disparando varios tiros ao aire, segundo relatan fontes policiais. Non houbo que lamentar feridos a causa do tiroteo. O autor dos disparos fuxiu antes de que chegase a policía e está en busca e captura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade