Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía de Vigo pide axuda para localizar a quen abandonou dous cachorros feridos

A Policía de Vigo pide axuda para localizar a quen abandonou dous cachorros feridos

Trátase de dous pitbulls duns catro meses que presentaban graves feridas na cabeza e que apareceron na zona de Cabral

A femia non puido superar as feridas e faleceu, mentres que o macho segue recuperándose

Un dos cachorros abandonados en Vigo Un dos cachorros abandonados en Vigo
G24.gal 11/10/2024 16:11

A Policía Local de Vigo fixo un chamamento á colaboración cidadá para localizar á persoa que abandonou na zona de Cabral a dous cachorros de can de raza american pitbull, un macho e unha femia duns 4 meses, tras causarlles graves lesións.

Os feitos ocorreron o pasado 2 de outubro, cando un veciño atopou nunha pista forestal preto do barrio do Gorxal dous cachorros que non tiñan microchips e que presentaban graves feridas por golpes na cabeza con algún obxecto contundente.

Axentes da Unidade Medio Ambiental da Policía Local trasladaron os animais a un centro veterinario, pero a cadela non puido superar as feridas e acabou falecendo. Mentres, o macho segue recuperándose e presenta feridas na cabeza, ademais de ter as orellas cortadas, posiblemente cunhas tesoiras e outro obxecto cortante non profesional.

A Policía pediu colaboración aos cidadáns para localizar ao responsable de "este acto desprezable e inhumano" e esclarecer os feitos, e garante a confidencialidade a quen achegue algunha información. As persoas que poidan facilitar algún dato deben poñerse en contacto coa Unidade Medio Ambiental, UMIR, nos teléfonos 986 81 01 01 ou 699 047 596.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade