Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía intervén ácido pícrico, potencialmente perigoso, en 23 centros educativos

A Policía intervén ácido pícrico, potencialmente perigoso, en 23 centros educativos

O ácido pícrico pode ser empregado como aumentador da carga explosiva do TNT, e antigamente empregábase nas clases de bioloxía como fixador de tecidos orgánicos

Co paso do tempo esta substancia pode volverse inestable e chegar a estoupar pola sensibilidade á calor, á fricción ou aos impactos

Félix Aragunde 03/10/2024 10:45

Os Técnicos Especialistas na Desactivación de Artefactos Explosivos (TEDAX) da Policía Nacional retiraron un bote de ácido pícrico do instituto da Pinguela, en Monforte, onde levaba décadas almacenado co conseguinte risco de que estoupase. Coma neste, a policía detectou e interveu máis de medio cento de envases en 23 centros educativos da Coruña e de Lugo.

Inés Amor, voceira da Policía Nacional: "Iniciouse unha campaña de comunicación cos centros educativos para que buscasen nos seus laboratorios botes desta substancia que, en condicóns de calor, fricción ou impactos, pode resultar explosiva ou producir gas tóxico".

O composto químico, intervido tamén en institutos de Ferrol, Santiago ou Ribeira, ten diversas propiedades. Ademais de aumentar a carga explosiva do TNT, antigamente empregábase nas clases de bioloxía como fixador de tecidos orgánicos en seres vivos.

Ácido pícrico Ácido pícrico

Enrique Sampil, director do IES A Pinguela de Monforte: "Formaba parte dun lote de produtos didácticos enviado hai máis de 30 anos que non chegou a usarse. Servía para diseccións de animais e estaba nunha solución acuosa, polo que non debía dar problemas".

En calquera caso, ante o risco de explosión accidental, todos os recipientes retirados foron destruídos polos Tédax nun lugar seguro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade