Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía investiga unha liorta a martelada limpo no porto de Vigo

A policía investiga unha liorta a martelada limpo no porto de Vigo

Dous homes que poderían ser camioneiros enfrontaronse cun martelo e unha barra de ferro

Dous homes participan nunha liorta no porto de Vigo/Social Drive Dous homes participan nunha liorta no porto de Vigo/Social Drive
G24.gal 11/03/2023 19:42

Unha liorta entre dúas persoas que poderían ser camioneiros rexistrada o venres en Vigo viralizouse nas redes sociais nas últimas horas.

Dous homes golpéanse cun martelo e cunha unha barra metálica, utensilios que usan mentres un terceiro trata de frealos. Tamén se propinan patadas.

O suceso en pleno porto da cidade difundiuse en redes sociais por SocialDrive, unha comunidade virtual de condutores en España. Descoñécense as causas da liorta e a posible gravidade das feridas dos implicados na mesma.

A Policía Nacional xa está a realizar unha investigación sobre os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade