Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Local de Ames busca o autor dun atropelo con fuga

A Policía Local de Ames busca o autor dun atropelo con fuga

Conducía un Seat Córdoba branco con alerón traseiro

Reclaman a colaboración cidadá para dar co condutor 

G24.gal 04/03/2024 14:35

A Policía Local de Ames continúa investigando o atropelo con fuga acontecido o venres, contra as nove da noite, na rúa Agro do Medio do Milladoiro.

Maximino García, oficial xefe da Policía Local de Ames, apunta que o condutor que fuxiu "conducía un Seat Córdoba branco con alerón traseiro que podería ter danos na parte dianteira e no parabrisas".

Este luns axentes da Policía Local estaban a revisar as imaxes das cámaras de seguridade dos negocios próximos ao lugar do sinistro, á procura dalgunha pista que lles permita dar co autor do atropelo. 

Leila Malas, testemuña do atropelo, asegura que viu a muller atropelada tendida no chan cerca duns colectores de lixo e sinala que "tanto a ambulancia como a policía tardaron bastante tempo en chegar".

A muller atropelada foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago para recibir atención médica. Tras facerlle as probas pertinentes, e comprobar que non tiña ningunha lesión de gravidade, recibiu a alta.

Yuliana López, amiga da atropelada, di que a rapaza atropelada xa está na casa. Di que "ten que facer probas porque ten unha inflamación no abdome, pero está fora de perigo".

Os axentes din que o condutor podería ser acusado dun delito de omisión do deber de socorro.

Maximino García, oficial xefe da Policía Local de Ames, di que "as razóns máis habituais para fuxir son conducir baixo os efectos do alcol ou sen seguro do automóbil".

A Policía Local fai un chamamento á colaboración cidadá para dar co autor do atropelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade