Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Local de Vigo detivo unha muller acusada de atacar o seu pai cun coitelo

A Policía Local de Vigo detivo unha muller acusada de atacar o seu pai cun coitelo

A muller, que está a ser investigada por un presunto delito de violencia doméstica, foi derivada a psiquiatría do hospital Álvaro Cunqueiro

G24.gal 24/02/2023 10:57

A Policía Local de Vigo detivo unha muller acusada de atacar o seu pai cun coitelo. Provocoulle diversas feridas polas que tivo que ser atendido nun centro hospitalario. A muller realizoulle tres picadas nun brazo, no tórax e no abdome.

Os feitos producíronse nunha vivenda de Barreiro na parroquia de Lavadores a consecuencia dunha forte liorta entre pai e filla. Foron os veciños os que deron a voz de alarma á Policía Local e ao 061.

Cando os axentes chegaron ao lugar a muller que estaba moi nerviosa, alegou que fora atacada polo pai. Debido ao seu estado, a policía avisou os servizos sanitarios. Pola súa banda, o pai foi trasladado a un centro hospitalario para ser atendido das feridas, aínda que en principio non revisten gravidade.

Mentres, a muller que está a ser investigada por un presunto delito de violencia doméstica, foi derivada a Psiquiatría do hospital Álvaro Cunqueiro. Non é a primeira vez que a suposta agresora se ve implicada nun incidente destas características.

Hai uns días fora arrestada tras ameazar a súa exparella e o seu compañeiro de piso tamén cun coitelo, e por golpealos cun bate de béisbol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade