Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Local reforza a súa quenda de noite polos ruídos no Orzán

A Policía Local reforza a súa quenda de noite polos ruídos no Orzán

Os veciños din que si hai máis presenza policial, pero que seguen sufrindo o grave problema dos ruídos

G24.gal 21/03/2022 14:18

Os veciños do Orzán, na Coruña, seguen protestando polo ruído que hai case todas as noites da semana e que lles impide conciliar o sono. Pero amais denuncian que na zona medrou o vandalismo.

A Policía Local reforzou a súa quenda de noite en seis axentes. Os veciños din que si ven máis policía, pero que non están conformes co seu xeito de actuar.

Din que o problema xa vén de hai moito tempo e que xa presentaron tres denuncias perante a Valedora do Pobo.

Piden unha solución urxente a este problema de ruídos. Explican que no sonómetro que hai na rúa Socorro queda recollido que na zona supéranse amplamente os 55 decibeles permitidos pola noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade