Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un detido en Monforte por unha estafa de 150.000 euros denunciada en Lugo

Un detido en Monforte por unha estafa de 150.000 euros denunciada en Lugo

A operación Cuore desvelou unha trama internacional que estafaba as vítimas para comprar camións e revendelos en África

A Policía Nacional detivo seis persoas

G24.gal 29/04/2024 09:29

A Policía Nacional detivo seis persoas, unha delas en Monforte (Lugo), na denominada operación Cuore, todos eles supostamente implicados nunha estafa de 150.000 euros que foi denunciada na Comisaría provincial lucense.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse no principio do ano, despois de que unha muller denunciase ser estafada tras establecer amizade con outra persoa que presuntamente se atopaba nos Estados Unidos a través de redes sociais.  

A Policía descubriu que detrás desa estafa existía unha rede internacional con vínculos en varias provincias españolas. Así, esta rede utilizaba o diñeiro que estafaba ás vítimas para comprar camións, pagar os gastos que xeraban as transaccións e envialos a algún país de África, onde de novo eran vendidos no mercado local.  

Os membros do grupo realizaban as operacións de forma independente, de maneira que uns  se dedicaban ás estafas, outros a comprar o material e envialo e outros a branquear o capital. As detencións producíronse en Monforte, Madrid e Pamplona, e tamén se investiga persoas en Cuenca e Granada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar