A Policía Nacional homenaxea na Coruña as vítimas do terrorismo
A Policía Nacional homenaxea na Coruña as vítimas do terrorismo
"Temos unha débeda impagable convosco", afirmou o xefe superior da Policía de Galicia, Ramón Gómez Nieto
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, lembrou que Galicia é a terceira comunidade máis segura de España
A Policía Nacional homenaxeou este xoves na comisaría de Lonzas, na Coruña, ás vítimas do terrorismo en Galicia para recoñecer o traballo desenvolvido durante décadas e o "sacrificio máximo" destes profesionais, segundo o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.
O acto contou coa participación de familiares de axentes que perderon a vida no seu traballo. Un total de 188 policías nacionais faleceron como consecuencia de actos terroristas, o último en 2015.
Tamén estivo presente o xefe superior da Policía de Galicia, Ramón Gómez Nieto, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, Blanco sinalou que se hoxe vívese "en democracia e co grao de liberdade e tranquilidade do que se goza, é polo esforzo de todos, en especial das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado".
O delegado recalcou o "sacrificio máximo" destes profesionais que deron "a súa vida no exercicio da súa profesión e na defensa de España".
Blanco lembrou que Galicia é a terceira comunidade máis segura de España.
Nunha homenaxe "íntima e emotiva", segundo Gómez Nieto, agradeceuse tamén o papel das familias das vítimas: "Temos unha débeda impagable convosco", resumiu o xefe superior da Policía de Galicia.