A Policía Nacional incrementa a súa presenza nas zonas comerciais para garantir un comercio seguro
A Policía Nacional incrementa a súa presenza nas zonas comerciais para garantir un comercio seguro
Buscan protexer os negocios e os clientes por igual
Axentes da Policía Nacional, uniformados e de paisano, están a reforzar a seguridade nas zonas comerciais onde se producen máis aglomeracións.
"Gustaríanos transmitirche unha serie de consellos preventivos que veñen recollidos nesta guía", dille Alberto Arias, delegado de Participación Cidadá da Policía Nacional a unha comerciante.
Porque os furtos son os delitos máis frecuentes nestas datas.
"A min xa me roubaron dúas veces este inverno. Nas tendas non hai seguridade"; "aquí, o outro día, un home ben vestido fuxiu con varias pezas que colleu do burro da entrada", comentan os comerciantes.
Pois para evitalo, a policía dálles os comerciantes algúns consellos:
"Que acomoden as estratexias de márketing a medidas de seguridade para protexer o seu inventario. Teren en conta tamén as medidas de seguridade que utilizan os delincuentes para non seren descubertos polos comerciantes", engade Alberto Arias.
Porén, o Plan Comercio Seguro tamén protexe os clientes:
"Que non leven grandes cantidades de cartos en efectivo e que vixíen os seus produtos de valor", aconsella Abraham Arruñada, axente da Policía Nacional.
E asegurarse tamén de que non os segue ninguén cando vaian ao banco ou sacar diñeiro do caixeiro.