Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía ofrece consellos de seguridade aos vendedores da ONCE

A policía ofrece consellos de seguridade aos vendedores da ONCE

Os axentes pretenden evitar que sexas vítimas de posibles actos delituosos

G24.gal 30/06/2023 14:30

En Ferrol, a Unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional colabora coa ONCE para achegarlles ás persoas cegas ou con discapacidade visual asesoramento co obxectivo de mellorar a súa seguridade. Queren evitar que os vendedores sufran roubos ou furtos.

Así que cos consellos de seguridade e prevención aprendidos da man dos axentes, agora os vendedores da ONCE enfrontan o seu día a día con máis tranquilidade.

"Moitas veces estamos vendendo e non sabemos interpretar ben. Agora, con estes consellos, ante calquera dúbida, activamos o modo alerta para, polo menos, previr calquera calote ou roubo", explica Manuel Orjales, vendedor da ONCE.

Manuel conta que xa foi quen de evitar ser vítima do calote dos 50 euros. E  que tamén lles aprenderon como previr as ciberestafas máis comúns.

Desde a Unidade de Participación Cidadá explican que esta iniciativa xurdiu tras analizar as situacións ás que se teñen que afrontar os vendedores da ONCE no seu día a día e os riscos que poden chegar a sufrir.

Os axentes aconsellan seguir todas as recomendacións para previr os delitos e reducir as oportunidades de que se cometan actos delituosos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos