Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ponte de Pedre recupera os seus dous carrís tras o accidente de bus na Noiteboa de 2022

A ponte de Pedre recupera os seus dous carrís tras o accidente de bus na Noiteboa de 2022

O Estado investíu máis dun millón de euros nas melloras na vía

O sinistro mortal aconteceu na Noiteboa de 2022 O sinistro mortal aconteceu na Noiteboa de 2022
G24.gal 10/05/2024 09:40

A ponte da N-541 en Pedre, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, recuperou o xoves os seus dous carrís despois dunha profunda reforma emprendida tras o accidente de autobús con sete falecidos ocorrido na Noiteboa de 2022.

Segundo informa a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, retiráronse xa os dous semáforos de regulación e a sinalización para poñer ao dispor toda a estrada.

O Estado investiu máis dun millón de euros na mellora

O Estado investiu nesta mellora, acometida tras o sinistro do autobús que cubría o traxecto entre Lugo e Vigo, algo máis de 1,1 millóns de euros. Os traballos incluíron o reforzo de elementos de contención, a mellora dos pasos peonís laterais, a ampliación do ancho da ponte, a impermeabilización das xuntas de dilatación e a renovación do firme.

O subdelegado do Goberno Abel Losada transmite unha mensaxe de "solidariedade e recordo" para as familias dos sete pasaxeiros que perderon a vida naquel accidente ocorrido na Noiteboa en medio de condicións meteorolóxicas adversas.

Á súa vez, Losada agradeceu o labor das forzas e corpos de seguridade e do persoal de emerxencias que participaron no operativo de rescate, e tamén á anterior subdelegada Maica Larriba e ao exsubdelegado do Goberno en Galicia José Miñones polo seu "impulso decidido" a estas obras.

Ademais, o subdelegado anunciou que o Executivo central traballa na redacción do proxecto de asfaltado integral entre os puntos quilométricos 51-150 e 68+400, que será adxudicado nos próximos meses para completar a mellora da seguridade nesta estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade