Cargando resultados...
A porcentaxe de maiores de 65 anos aumenta nas cidades galegas
A porcentaxe de maiores de 65 anos aumenta nas cidades galegas
En Ferrol, Ourense e A Coruña supera o 25 %
G24.gal
19/02/2023 14:11
Última actualización 19/02/2023 14:40
O envellecemento da poboación non é un fenómeno exclusivo do rural galego. Tamén sucede nas sete cidades galegas.
Preto do 30 % da poboación ferrolá pasa dos sesenta e cinco anos. É a urbe coa porcentaxe máis alta de persoas maiores. En Ourense e na Coruña, están nesta franxa de idade unha de cada catro persoas.
A evolución enténdese mirando as cifras do inicio do século. En 2000, a poboación coruñesa de máis de 65 anos representaba o 17 % do total e en 2008 rozaban xa o 20. A idade media aumenta en todas as cidades galegas.
Son datos do Instituto Galego de Estatística, que non prevé cambios de tendencia para os vindeiros anos.