Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os socios do Goberno elevan a presión sobre Marlaska pola traxedia de Melilla

Os socios do Goberno elevan a presión sobre Marlaska pola traxedia de Melilla

Piden luz e taquígrafos e ver todas as imaxes 

O ministro insiste en que "ningún feito tráxico" se produciu en territorio español

As novas imaxes sobre a traxedia de Melilla cuestionan a versión do Goberno español
G24.gal 09/11/2022 14:17

Os socios do Goberno presionan e poñen o ministro Marlaska contra as cordas. Interior insiste en que non houbo vítimas en territorio español pero esta versión xa non a cren nin os aliados de goberno. Queren máis explicacións e queren ver todas as imaxes.

A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, pedía unha profunda investigación porque "cos dereitos humanos non se xoga". E o presidente do grupo confederal de Unidas Podemos no Congreso, Jaume Asens, reclamaba luz e taquígrafos porque "as imaxes semella que desmenten a tese do ministro". 

A oposición, PP e Vox, piden o cesamento inmediato do ministro. Acúsano de mentir desde hai meses. Non pode estar "nin un día máis", advirten desde Génova.  O ministro do Interior deféndese. Fernando Grande Marlaska comprométese a comparecer no Congreso e a amosar as gravacións pero insiste en que "ningún feito tráxico" se produciu en territorio español. 

A crise vaise afondando co paso das horas. Pero será dabondo para que Moncloa deixe caer un dos ministros clave no Goberno? De momento, conta co apoio do presidente do Goberno, pero en Moncloa xa senten a presión. 

Os vídeos da traxedia do pasado xuño, na que morreron polo menos 23 persoas e houbo un número indeterminado de feridos, xa están en mans da fiscalía e do Defensor do Pobo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade