Publicador de contidos
Publicador de contidos

A presión veciñal desocupa unha vivenda en Vigo

A presión veciñal desocupa unha vivenda en Vigo

A propietaria tapiou fiestras e portas nun descoido dos ocupantes

G24.gal 21/12/2023 14:14

Máis de dez anos convivindo na rúa Xílgaro de Vigo con ocupantes ilegais que vendían droga. Tiñan unha media de douscentos clientes ao día. Os roubos, as liortas, a sucidade, a entrada nas vivendas foi unha constante nese tempo. Unha das veciñas, Cristal chegou a ser ameazada a punta de pistola e tivo que irse da vivenda porque o fillo xa non era quen de durmir alí.

Pelexaron de todos os xeitos posibles: a propietaria denunciou en múltiples ocasións, alertaron á policía, ao concello e aos medios de comunicación e controlaron tamén o movemento dos ocupantes ilegais.

A presión e que algún deles estaba en busca e captura fixo que algúns dos ocupantes fosen deixando a vivenda, e nun despiste a propietaria tapiou portas e fiestras. Xa non irá vivir alí, pretende vender a vivenda e esquecer, o mesmo que Cristal pero agora poderán vender a vivenda nun barrio sen esta problemática.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade