Publicador de contidos
Publicador de contidos

A pretemporada do Centenario do Celta verase na Televisión de Galicia

A pretemporada do Centenario do Celta verase na Televisión de Galicia

O vindeiro luns (21:30 horas) a estrea será ante o Al Nassr de Cristiano Ronaldo

Neste mes de xullo tamén veremos os partidos contra o Benfica e o Lión

G24.gal 14/07/2023 17:12

A pretemporada do Centenario do Celta verase na Televisión de Galicia. Comezando polo torneo do Algarve, zona á que se despraza o equipo vigués este mesmo sábado. 

O luns abren fogo diante do Al Nassr de Cristiano Ronaldo, encontro que se poderá seguir a partir das 21:30 pola G2 e G24.gal/deportes. 

O venres terán outra cita no sur de Portugal diante do vixente campión do campionato dos veciños. O Benfica será un adversario de prestixio, tamén ás 21:30 pola G2 e G24. 

O seguinte partido que ollaremos será o do Memorial Quinocho, o 29 de xullo contra o Olimpique de Lyon. A estrea en Balaídos xogarase ás 20:00 horas e verémola pola primeira canle da Televisión de Galicia e por G24.gal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade