Publicador de contidos
Publicador de contidos

A primeira fragata da serie F-110 xa está no dique de Navantia

A primeira fragata da serie F-110 xa está no dique de Navantia

O bloque 311 será o que marque a colocación da quilla da fragata Bonifaz

É un dos cinco novos buques escolta que terá a Armada española

Agardan que a innovación aplicada nesta serie abra novos mercados para Navantia

G24.gal 09/08/2023 14:54

Día de grande expectación en Navantia. Chegou o momento de colocar a quilla da primeira das cinco fragatas da nova serie 110 da Armada Española, o momento no que pasa do taller á grada. Ano e medio despois do corte da primeira chapa chega ao dique do estaleiro o primeiro dos 33 bloques que conformarán a fragata Bonifaz. 

"Tres meses antes do previsto colocamos o bloque 311 e sobre el irá medrando a primeira fragata da serie".

A construción por bloques é unha das innovacións deste novo modelo de fragatas amais da súa dixitalización integral. Os responsables da Navantia e da Armada coincidiron en resaltar que o seu deseño e construción pon de novo a industria española na vangarda da construción naval. 

Antes de finais de ano empezarase a construír a 112, segundo avanzou Ricardo Domínguez, o presidente de Navantia. A serie F-110 dará traballo ao sector naval ferrolán durante a próxima década. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade