Publicador de contidos
Publicador de contidos

A primeira parlamentaria trans de España deixa o PSOE

A primeira parlamentaria trans de España deixa o PSOE

Carla Antonelli di irse "decepcionada" polo atraso da tramitación no Congreso da lei trans

 

EFE/ Emilio Naranjo EFE/ Emilio Naranjo
G24.gal 18/10/2022 16:40 Última actualización 18/10/2022 17:32

A exdeputada socialista da Asemblea de Madrid e primeira parlamentaria trans de España, Carla Antonelli, solicitou darse de baixa do PSOE pola súa "profunda decepción e baleiro co proceder" da lei trans, tras atrasarse a súa tramitación no Congreso, e espera que o seu partido "recapacite".

"Prefiro ir pola rúa e mirar de fronte ás miñas compañeiras/os/es trans que agachar a cabeza da vergoña por traizoalos, e o que é peor, traizoarme a min mesma", sinalou nun escrito difundido polas redes sociais.

Antonelli explicou que o novo atraso no prazo de presentación de emendas parciais á lei trans no Congreso, ata o 26 de outubro, foi para ela "a pinga que colmou o vaso", e culpa diso o PSOE.

"Deixáronse amedrentar coa voz dunhas poucas persoas e os altofalantes mediáticos que teñen. Deben reflexionar sobre como tan poucas persoas están a influír cara a unha maioría social. A lei estaba canalizada, entrou polo trámite de urxencia no Congreso dos Deputados pero de súpeto, no últimos dez días, volveuse a abrir o debate", lamentou.

Antonelli sinala directamente á deputada socialista e presidenta da Comisión de Igualdade no Congreso, Carmen Calvo.

Calvo advertiu recentemente de que esta lei, que recoñece o dereito á autodeterminación de xénero, "pode esnaquizar a potente lexislación de igualdade" que existe en España.

Dende o Psoe, negan estes retrasos.

O Congreso debateu o pasado 6 de outubro as emendas á totalidade á lei trans presentadas polo PP e Vox, que foron rexeitadas, e afronta agora a fase de presentación de emendas parciais, un prazo que foi prorrogado catro veces desde o 28 de setembro, recentemente ata o 26 de outubro por acordo do PSOE e o PP.

Dende o Psoe, negan estes retrasos.

Isaura Leal, voceira do PSOE no Congreso

A lei trans, impulsada polo Goberno de coalición de PSOE e Unidas Podemos, e que está pendente de aprobación no Congreso, foi criticada por parte do movemento feminista ao contemplar o cambio de sexo no rexistro sen necesidade de informes médicos ou tratamentos hormonais, porque teme que se traduza "nun borrado das mulleres".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade