Publicador de contidos
Publicador de contidos

A primeira vítima da 'manada' de Castelldefels ratifícase na súa denuncia

A primeira vítima da 'manada' de Castelldefels ratifícase na súa denuncia

A moza declara que foi vítima dunha violación grupal entre os cinco acusados

A vítima declarou que os cinco acusados a violaron por quendas no piso dun deles A vítima declarou que os cinco acusados a violaron por quendas no piso dun deles
G24.gal 12/01/2023 09:45

A primeira vítima da manada de Castelldefels declarou por segunda vez ante a xuíza á petición da defensa dun dos acusados. A muller ratificou a súa denuncia de que foi vítima dunha violación grupal. Asegurou que foi violada por quendas polos cinco acusados, que están en prisión provisional. 

De momento, a xuíza de Gavá atribúelles a violación de tres mozas na primavera de 2021 no piso de Castelldefels onde vivía un deles, pero da análise dos seus móbiles despréndese que pode haber máis vítimas. As defensas dos acusados solicitaran esta segunda declaración porque na primeira non estiveran presentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade