Publicador de contidos
Publicador de contidos

A princesa de Asturias preside a entrega dos premios por primeira vez dende a súa maioría de idade

A princesa de Asturias preside a entrega dos premios por primeira vez dende a súa maioría de idade

Na lista de premiados figuran Joan Manuel Serrat, Ana Blandiana, Michael Ignatieff, Marjane Satrapi, Carolina Marín e a axencia Magnum Photos

G24.gal 25/10/2024 14:57

Como nos últimos anos, os reis presiden a cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Asturias xunto coas súas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía. Pero esta edición subliña o protagonismo da herdeira da Coroa: é a primeira vez que Leonor acode a este acto solemne dende que alcanzou a maioría de idade, e fai dez anos como presidenta da fundación que leva o seu nome.

A mediodía a familia real recibía no Hotel Reconquista os galardoados na edición deste ano. Joan Manuel Serrat, premiado co Princesa de Asturias das Artes, pronunciará un discurso durante a cerimonia e cantará tras dous anos retirado dos escenarios.

Tamén intervirán Ana Blandiana, recoñecida na categoría de Letras, Michael Ignatieff, en Ciencias Sociais, e Marjane Satrapi, en Comunicación e Humanidades, que inicialmente non ía asistir por motivos familiares. Esta edición tamén recoñece a deportista Carolina Marín e a axencia Magnum Photos.

Un dos momentos máis relevantes da cerimonia será o discurso da Princesa de Asturias, que en 2019 fixo neste mesmo escenario a súa primeira intervención oficial. Ás seis e media está previsto o acto solemne de entrega dos premios ao que tamén asiste, como é tradición, a raíña Sofía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade