A procesión dos farois, unha xoia da Semana Santa galega
A procesión dos farois, unha xoia da Semana Santa galega
Unha tradición que se perdera e as mulleres da aldea recuperaron vai para 25 anos
Contra as nove da noite sairán polas rúas da aldea da Xironda, en Cualedro. Percorrerán a distancia entre a igrexa do pobo e a súa capela, con volta outra vez a igrexa. Unha vez apagadas as luces das súas rúas, serán os farois os únicos que iluminen as rúas, despois de dous anos sen seguir a tradición pola pandemia. Unha tradición que se recuperou. Antigamente sacaban das vivendas os farois para reparar aqueles que precisan un arranxo antes da procesión.
"Antes era de papel pero ardían cun pouco de vento e fóronse modernizando".
"Só os levaban os homes e facíanse con masa de farelos e con silvas ou salgueiros. Cada mozo facías dos pisos que puidera levar".
"O meu irmán levouno de 36 luces. Cando había aire ardían todos".
Por iso agora fannos con tea e as candeas foron subtituídas por lámpadas alimentadas con baterías.
"Saen arredor de 60 farois entre grande e pequenos".
Unha tradición que se perdera e as mulleres da aldea recuperaron hai para 25 anos.