Publicador de contidos
Publicador de contidos

A patronal galega estima que a prolongación do paro implicaría unha crise ata 2024

A patronal galega estima que a prolongación do paro implicaría unha crise ata 2024

Os empresarios queren medidas urxentes coma as do resto de Europa

G24.gal 20/03/2022 14:48

Portugal, Francia, Irlanda ou Polonia xa rebaixaron os impostos aos combustibles. Segundo o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, son necesarias medidas de emerxencia nunha situación de emerxencia. 

Crear novas liñas de créditos ICO, renovar os ERTE, baixar os impostos e acelerar e flexibilizar os trámites son algunhas das solucións que se aplicaron noutros países de Europa.

De non producírense avances nos primeiros días da vindeira semana, a crise podería ter efectos irreversibles e prolongarse máis aló de 2024.

Galicia, Asturias e Andalucía son as que máis están a sufrir esta crise, xa que son das que máis sector primario teñen entre o agrogandeiro e o mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade