Publicador de contidos
Publicador de contidos

A proposta de aforro de gas para España e Portugal será dun 7 % e non do 15 %

A proposta de aforro de gas para España e Portugal será dun 7 % e non do 15 %

A cambio, bombearán todo o gas posible cara ao resto dos socios comunitarios

G24.gal 26/07/2022 18:06

A Unión Europea move ficha ante estes cortes de subministración por parte de Rusia. Acaba de lograr un acordo para aforrar gas con vistas ao inverno.

España e Portugal conseguen que o racionamento de gas sexa só do 7 %, fronte ao 15 % proposto para o resto de membros. A Península Ibérica consegue esta excepción grazas ás súas poucas conexións enerxéticas co resto do continente. A cambio, bombearán todo o gas posible cara ao resto dos socios comunitarios.

Con todo, o aforro de gas será unha cuestión voluntaria, en mans dos gobernos de cada país. Do mesmo xeito, serán estes os que decretarán os estados de alarma en caso dunha crise enerxética e non a Comisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade