A ración de polbo sobe entre un e dous euros en función dos desprazamentos
A ración de polbo sobe entre un e dous euros en función dos desprazamentos
Nas feiras está a 9 ou 10 euros en función dos desprazamentos
Especulación, mala distribución e poucas capturas son as claves da suba
De oito euros que custaba hai quince días, a ración de polbo pasou a nove e ata dez en función da distancia que percorran os polbeiros que van ás feiras.
As baixas capturas e a especulación levan a que o polbo lles saia aos feirantes en 18 euros o quilo fronte aos 10 que custaba hai dous anos. Esa suba haina que repercutir no prezo da ración.
A suba do gasóleo para desprazarse, do butano para cocer o polbo ou do aceite para acompañalo tamén fan que encareza o prezo da ración. Con todo, os asiduos ás feiras consideran asumible, polo de agora, ese incremento.
Os polbeiros cifran nun 15 % a marxe que lles vai quedar de beneficio logo da suba do polbo.