Publicador de contidos
Publicador de contidos

A RAG reivindica a Fernández del Riego como figura central da cultura galega do século XX

A RAG reivindica a Fernández del Riego como figura central da cultura galega do século XX

A institución celebrou o pleno extraordinario do 17 de maio en Lourenzá, a localidade natal do homenaxeado

O 17 de maio recoñece a Fernández del Riego, precursor das Letras Galegas

G24.gal 17/05/2023 14:41

Unha muiñeira interpretada polo Coro Mestre Pacheco de Mondoñedo abría o pleno extraordinario que cada ano celebra a Real Academia Galega neste 17 de maio. Este ano escolleuse unha figura central da cultura galega do século XX que abordou todos os xéneros como un obreiro da cultura, como el mesmo se definía.

O presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, destacou o "seu exilio interior, a resitencia non menos heroica dos que aquí quedaron". O Día das Letras, que fai agora 60 anos e do que Del Riego contribuiu a crear, é "mostra da súa intelixencia e afouteza", engadiu Freixanes. 

A académica Margarita Ledo destacou o seu papel xornalístico."Máis de 400 entregas de opinión que antes e despois do 36 saen en diferentes rúbricas".

As olladas complementarias da figura de Fernández del Riego achegaron tamén unha visión da paisaxe que se mantén en toda a súa tarefa divulgadora. O académico Francisco Díaz Fierros destacouno no seu discurso. "A descrición das paisaxes convértense desde a súa sensibilidade e mestría en autenticas recreacións desa realidade".

Pero Del Riego foi tamén o nexo de unión entre os exiliados de dentro e de fóra de Galicia. Xesús Alonso Montero falou da súa conexión con Luís Seoane. Ao acto da Real Academis asistiron o presidente da Xunta de Galicia e o delegado do Goberno en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade