Publicador de contidos
Publicador de contidos

O viaduto de Ponte Arnelas abrirá ao tráfico en abril, tras a obras de reconstrución

O viaduto de Ponte Arnelas abrirá ao tráfico en abril, tras a obras de reconstrución

Os operarios traballan nunha manobra complexa co izado das estruturas

G24.gal 21/02/2024 14:39

Dous guindastres axudan nos traballos do izado da estrutura metálica que se colocará sobre os pilotes da ponte para soster o peso do taboleiro. Con esta manobra complexa polas dimensións da propia estrutura o viaduto vai tomando a súa forma definitiva.

O firme da plataforma central da ponte desprendeuse en abril do ano pasado e desde entón tivo que pecharse ao tráfico. Isto supuxo para os veciños de Arnelas volver a convivir coa trasfega de vehículos polo centro da vila. 

A Xunta de Galicia aposta polo mantemento das infraestruturas para evitar este tipo de situacións.

A obra, que contou cun orzamento de máis de cinco millóns de euros, permitirá recuperar a normalidade no tráfico da estrada que une Ribadumia con Vilanova de Arousa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade