A reforma da lei do aborto segue adiante tras rexeitarse os vetos de PP e Vox
A reforma da lei do aborto segue adiante tras rexeitarse os vetos de PP e Vox
A ministra de Igualdade di que opoñerse a lei non axuda a reducir o número de interrupcións voluntarias do embarazo, só a poñer en risco a vida das mulleres
O Pleno do Congreso rexeitou este xoves as emendas á totalidade á nova da lei do aborto presentadas por PP e Vox. Tamén rexeitou un texto alternativo de Cs. Deste xeito a norma impulsada polo Ministerio de Igualdade seguirá o seu camiño parlamentario que será pola vía de urxencia.
As emendas de PP e Vox foron rexeitadas por 199 votos en contra, 142 a favor e 4 abstencións, mentres que a de Ciudadanos recibiu tan só 14 apoios.
A ministra de Igualdade, Irene Montero, criticou os vetos presentados por PP e Vox e asegurou que con esta postura non conseguen reducir o número de interrupcións voluntarias de embarazo, senón que están a defender poñer en risco a vida das mulleres.
"Que pensan que ocorre cando un país non garante o dereito ao aborto? Cren que se deixa de abortar? Non. Prohibir ou dificultar o dereito ao aborto non fai que desapareza, senón que pon en risco a vida das mulleres", subliñou a ministra de Igualdade, que defendeu na tribuna do Congreso o proxecto para reformar a lei do aborto.