Publicador de contidos
Publicador de contidos

A reforma das pensións e a lei de vivenda centran o debate político

A reforma das pensións e a lei de vivenda centran o debate político

María Jesús Montero defende a reforma das pensións para manter o poder adquisitivo nunha xubilación digna 

Desde Unidas Podemos, Ione Belarra pídelle ao PSOE que aprobe xa a lei de vivenda, aínda que sexa "por electoralismo"

A conselleira Ángeles Vázquez cualifica a lei de vivenda como "anticonsititucional" por invadir competencias autonómicas

G24.gal 12/03/2023 14:20 Última actualización 12/03/2023 20:53

Desde Estremadura, a número dous do PSOE, María Jesus Montero, insistiu en que Pedro Sánchez demostrou que outra política é posible defendendo os servizos públicos, o incremento do salario mínimo e unha revalorización das pensións para o presente e tamén para o futuro.

"Teremos tamén un sistema público de pensións que nos permita a todos vivir unha vellez tranquila despois de levantar a pulso un país e de construír a democracia que nos trouxo ata aquí".

Unidas Podemos celebraba unha xornada monográfica sobre vivenda e Ione Belarra reclamou unha lei para o sector que regule os alugueiros nas zonas tensionadas e os desafiuzamentos, e que amplíe o parque público de edificios. Nesa liña, deixou unha mensaxe explicita para o PSOE:

"Se non aprobaron a lei de vivenda nestes últimos tres anos por compromiso cos dereitos sociais que ten esta forza política, polo menos que o fagan por electoralismo, porque España necesita máis gobernos progresistas os próximos catro anos".

A conselleira encargada deste ámbito, Ángeles Vázquez, considera que a lei de vivenda que se negocia no seo do Goberno é "ideolóxica", non soluciona os problemas de fondo e invade as competencias das comunidades autónomas sen dialogar con elas.

 "Eu teño que cualificala de anticonstitucional. Digo que é anticonstitucional desde o momento en que temos as competencias as comunidades autónomas, competencias que nos queren restar e co cal non podemos estar de acordo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade