Publicador de contidos
Publicador de contidos

A reforma da lei do 'só si é si' irá ao Congreso a semana que vén sen acordo na coalición de Goberno

A reforma da lei do 'só si é si' irá ao Congreso a semana que vén sen acordo na coalición de Goberno

Unidas Podemos insta os socialistas a un pacto coa maioría da investidura

O PSOE rexeita as emendas presentadas por UP, ERC e EH Bildu

G24.gal 11/04/2023 15:03

PSOE e Unidas Podemos manteñen o pulso en canto á reforma da lei do só si é si. A proposición de lei dos socialistas votarase o xoves 20 de abril no pleno do Congreso e os socios seguen sen achegar posturas.

"Estamos pendentes da decisión do PSOE, se finalmente decide votar co PP (...) ou se acada, cos socios da maioría da investidura, un acordo", aseguraba este martes o deputado de Unidas Podemos, Javier Sánchez Serna.

Pero o PSOE rexeita as emendas que presentou Unidas Podemos, ERC e EH Bildu. Aínda así, agarda que a súa proposta saia adiante cos votos da maioría do Congreso, sen "excluír" nin "preferir a ninguén", segundo dixo a deputada socialista Isaura Leal. O seu grupo parlamentario está convencido que a súa modificación é "a correcta e a adecuada".

Dende o PP agardan a chamada do PSOE para abordar as emendas que presentou o partido, chamada que, ata o momento, "non se produciu", segundo informou a súa voceira no Congreso. 

Cuca Gamarra criticou, ademais, a tardanza na reforma dunha lei que leva en vigor seis meses. "Basta xa de que as guerras internas dentro do Goberno estean afectando desta maneira a sociedade española", declarou a secretaria xeral do PP ante os xornalistas.

Pola súa parte, a líder do BNG, Ana Pontón, avoga por unha reforma que free as rebaixas de condenas, pero considera "deleznable é que se queira utilizar este tema para facer 'carroñerismo' político".

A reforma presentada polo PSOE votarase o xoves da semana que vén na cámara baixa e, se non hai acordo entre os socios de Goberno, a vicepresidenta Yolanda Díaz asegurou que votará o que decida o seu grupo parlamentario, Unidas Podemos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade