Publicador de contidos
Publicador de contidos

A remollo no parque acuático de Cerceda

A remollo no parque acuático de Cerceda

A instalación leva xa 23 veráns facendo as delicias de pequenos e maiores

A Uve, unha das atraccións estrela do Aquapark de Cerceda
G24.gal 03/07/2023 15:04

"Eu son de Vigo e xa veño aquí a propósito para vir ao parque de auga porque é un sitio especial para que os nenos desfruten da piscina, do ambiente; supercontenta", comenta unha nai.

Pasaron 23 anos dende que abriu por primeira vez, e Cerceda non ten rival en Galicia. É xa un clásico para pasar un divertido día de verán.

"Pois moi guai, a verdade, foi unha experiencia moi guai", di unha rapaza madrileña.

Aquí hai atraccións acuáticas para todas as idades.

"Moitas atraccións para nenos dende 1´40 ata nenos moi pequenos", explica Cristian Fernández, socorrista Aquapark de Cerceda.

"Teñen piscinas adaptadas para cada unha das idades e iso tenme moi contenta; tendo tres nenos, imaxina", fala unha nai.

Facer carreiras cos amigos no Multipistas dende unha altura de 15 metros, enfrontarse aos 54 que ten de descenso o Kamikaze, tirarse ao baleiro na Uve ou adentrarse á marea con ondas de forza 2 a 3 son algunhas das atraccións máis demandadas, sobre todo entre os adultos, que tamén teñen aquí o seu espazo.

O parque acuático de Cerceda estará aberto ata o 3 de setembro. Este ano esperan repetir e chegar aos 140.000 visitantes que tiveron o ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade