Publicador de contidos
Publicador de contidos

As versións coreográficas das bandas coreanas de K-pop chegan a Lugo

As versións coreográficas das bandas coreanas de K-pop chegan a Lugo

Cada día xorden novos grupos de dance cover
 

As integrantes do grupo Spark nunha demostración
G24.gal 27/07/2024 19:12 Última actualización 27/07/2024 21:54

Chámanse Spark, teñen entre 15 e 23 anos e no 2021 crearon un grupo de dance cover, unha formación de baile dedicada a facer versións de coreografías das bandas de música coreanas. Nunha demostración que fixeron en Lugo causaron furor.

A máis nova cursa cuarto da ESO; as outras bacharelato, deseño gráfico e bioquímica. Todas comparten a afección polo K-pop e polo baile. Xuntáronse no 2021.

Ensaian unha media de seis horas semanais. Ademais teñen un obxectivo: moverse e concursar. A partir de setembro haberá en Galicia varios certames desta disciplina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade