Cargando resultados...
A Ribeira Sacra, ante o último chanzo para ser Patrimonio da Humanidade
A Ribeira Sacra, ante o último chanzo para ser Patrimonio da Humanidade
"A Ribeira Sacra é cultura, culto e cultivo da auga", repiten os que traballaron na candidatura
En febreiro presentaranlle á Unesco en París o proxecto definitivo
G24.gal
18/01/2025 13:45
Hai moita esperanza. Pode que no 2026 nos vexamos celebrando o quinto Patrimonio da Humanidade de Galicia, a Paisaxe Cultural da Auga da Ribeira Sacra. Queda un último paso. En febreiro toca presentarlle a candidatura definitiva á Unesco en París. Avaliarán autenticidade, integridade e significado universal. E a Ribeira Sacra ofrece milleiros de anos de poboamento, de construción dun territorio esculpido no tempo, na auga e na súa xente.