Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Ribeira Sacra bate novas marcas de ocupación durante o verán

A Ribeira Sacra bate novas marcas de ocupación durante o verán

Por riba do 80 % en xullo e ata o 90 % en agosto de media

Paisaxe, arquitectura e gastronomía son os principais atractivos para os visitantes

G24.gal 03/09/2023 14:29 Última actualización 03/09/2023 14:54

Mil cincocentos visitantes diarios tivo de media o parador de Santo Estevo este verán. Neste buque insignia dos aloxamentos da Ribeira Sacra, a ocupación roldou o 100 por cento en xullo e agosto. En moitos casos, repetidores.

Juan María Moreno Verdugo, director adxunto do parador: "Moita xente vén, coñece o destino —a Ribeira Sacra, o parador— e xera a necesidade de volver, de sentir esa paz que tentamos transmitir".

No conxunto da Ribeira Sacra, a media de ocupación deste verán bateu marcas históricas, cun noventa por cento en agosto malia o incremento de prazas de aloxamento, que se achegan xa ás nove mil, entre hoteis, turismo rural e vivendas de uso turístico.

Alexandra Seara Sobrino, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra: "O turista do verán é moi familiar, familias con cativos que adoitan estar tres noites no destino, que se moven bastante no territorio...".

A paisaxe, o patrimonio arquitectónico e a gastronomía son os principais atractivos para os visitantes. "Espectacular, impresionante. Estou aínda en fase de ver o que se recibe", comenta unha madrileña.

Viñobús

E en setembro será a oferta vitícola a que tome as rendas, co Viñobús da vendima, que adoita esgotar as prazas en canto saen á venda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar