Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Ribeira Sacra solicita a destilación de crise para os excedentes de viño tinto

A Ribeira Sacra solicita a destilación de crise para os excedentes de viño tinto

Viticultores e adegueiros apoian unha medida puntual que relaxaría o mercado

O viño tinto xa supón menos do 50 % do consumo total mundial

G24.gal 10/05/2024 14:10

David cultiva catro hectáreas de viñedo nas ribeiras do Cabe, en Pantón. É viticultor a tempo completo e a venda das uvas da caste mencía é a súa fonte de ingresos. O freo nas vendas de viño tinto da Ribeira Sacra leva a que aínda non teña comprador para as uvas da vindeira vendima. Por iso, cre que a retirada puntual de parte dos excedentes de tinto pode beneficiar as adegas pero tamén os viticultores.

O Consello Regulador da Ribeira Sacra pediu á Xunta que medie ante o Ministerio de Agricultura para que se realice unha destilación de crise. É dicir, recoller os excedentes de viño para transformalos en alcohol de uso medicinal e industrial. Así, o mercado deixará de estar saturado e, sobre todo, nas adegas haberá espazo para recoller e transformar a uva desta campaña. Unha medida de efectos inmediatos que xa se aplicou noutras zonas de España o pasado ano.

O pasado ano foi o primeiro en toda a historia en que as vendas mundiais de tinto supuxeron menos do 50 % do total de viño comercializado. Unha tendencia de consumo que xa se traballa para corrixir. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade