Publicador de contidos
Publicador de contidos

A secretaria de organización de Podemos renuncia á súa acta de deputada

A secretaria de organización de Podemos renuncia á súa acta de deputada

Lilith Verstrynge anunciou este venres que deixa as súas responsabilidades políticas no partido

A renuncia fai perder un escano a Podemos en favor de Sumar

G24.gal 26/01/2024 17:18 Última actualización 26/01/2024 19:09

A secretaria de Organización de Podemos, Lilith Verstrynge, anunciou este venres que deixa as súas responsabilidades políticas no partido e a súa acta de deputada no Congreso.

Así o avanzou mediante unha mensaxe na rede social X a ata o de agora parlamentaria no Grupo Mixto, onde apunta que as despedidas son "difíciles e tristes" e agradece a confianza que a militancia de Podemos depositou nela.

Tras este anuncio na rede social X, a exministra de Igualdade Irene Montero, publicou unha mensaxe no que di: "a prioridade agora es ti. Querémoste e seguiremos camiñando xuntas".

Na mesma liña, a secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, tamén lanzou unha mensaxe de apoio: "Agora os fundamental é que te coides e que esteas ben. Podemos sempre será a túa casa. Grazas por tantísimo traballo en condicións tan difíciles. Un abrazo enorme".

A renuncia fai perder un escano a Podemos en favor de Sumar

A sorpresiva renuncia de Lilith Verstrynge carrexará a perda dun dos cinco deputados que a formación violeta ten na Cámara Baixa, xa que a seguinte na lista de Sumar por Barcelona pertence a En Comú.

Tras a saída de Vestrynge,  corresponderíalle tomar posesión do seu escano a Candela López Tagliafico, de Cataluyna en Comú e anteriormente militante de Iniciativa per Catalunya Verds.

López Tagliafico está entre os cen promotores de Sumar para a asemblea fundacional que haberá en marzo.

Podemos, que tras a súa recente ruptura con Sumar pasou ao grupo Mixto do Congreso, perde por tanto un dos seus cinco deputados e Sumar, que si ten grupo propio, gaña un, pasando a contar con 27 parlamentarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade