A secuenciación xenómica permite controlar as novas variantes da covid
A secuenciación xenómica permite controlar as novas variantes da covid
Un dos laboratorios de referencia, en Sevilla, xa secuenciou máis de dez mil mostras
Nel conseguiron reducir os tempos de secuenciación grazas á bioinformática
A secuenciación xenómica das mostras recollidas permite determinar prevalencia, mutacións e variantes da covid-19. En España existen diferentes laboratorios de referencia, entre eles o do Hospital Universitario Virxe do Rocío, de Sevilla.
Xa ten secuenciado máis de dez mil mostras do coronavirus en once meses, unha información moi útil para o estudo e control das novas variantes no noso país, como a ómicron.
Con dous novos secuenciadores portátiles conseguiron reducir os tempos grazas á bioinformática.
"Introducimos unha liña de secuencación rápida que nos permite ante situacións de sospeita de ómicron de poder responder en menos de 24 horas", asegura José Antonio Lepe,
xefe de Microbioloxía do Hospital Universitario Virxe do Rocío de Sevilla.
Para o resto de secuenciacións utilizan tecnoloxía robótica de alta capacidade cunhas librerías de secuenciación.
Todo este traballo permite unha vixilancia a tempo real do virus, facilitando ás autoridades sanitarias a toma de decisións e a planificación dos posibles escenarios que se van formulando na pandemia.