Unha mutualidade médica enfróntrase á comunidade de veciños polo acceso á súa sede de Santiago
Unha mutualidade médica enfróntrase á comunidade de veciños polo acceso á súa sede de Santiago
A comunidade do edificio ten dúas portas de entrada, pero a que accede á sede non ten ascensor e a escaleira é moi empinada e perigosa
O caso está xudicializado e derivado ao Concello, pero a comunidade négase en rotundo en acatar as obras
A sede de Santiago de Compostela da mutualidade médica Unión de Artesanos acaba de remitir un comunicado aos seus socios explicándolles a batalla legal e administrativa que levan librando desde hai anos pola escaleira de acceso ao local.
É moi empinada e longa e non garante a accesibilidade a todo tipo de persoas. Está en pleno centro de Santiago, nunha comunidade con dúas portas de entrada pero, a que accede á sede non ten ascensor, só unha escaleira de 19 chanzos e moi esvaradía, sobre todo cando chove.
Roberto Barcia, presidente de Unión de Artesanos de Santiago, di que "levan no edificio 40 anos e que desde o ano 2019 están loitando polo tema da accesibilidade da oficina. Temos 19 chanzos que nos impiden acceder sobre todo xente maior ou xente con carros de nenos. A xente maior ten as dificultades de desenvolverse por vías telemáticas e queren vir ata aquí para facer as súas xestións".
A solución pasaría por abrir unha porta que comunicaría co ascensor da outra entrada, pero, segundo Roberto Barcia, "a comunidade non quere. Di que somos moitos mutualistas e que suporía un inconveniente para eles".
Pero, pese a que o caso está xudicializado e derivado ao Concello, que obriga a comunidade a executar as obras, esta négase en rotundo. Desde 2022 xa foi multada en 3 ocasións. Unións de Artesanos está agora disposta a chegar ao Valedor do Pobo.