Publicador de contidos
Publicador de contidos

A segunda dose da vacina contra a varíola do mono irá para inmunodeprimidos, embarazadas e menores

A segunda dose da vacina contra a varíola do mono irá para inmunodeprimidos, embarazadas e menores

Galicia rexistra 103 casos de varíola do mono

Os maiores de 18 anos serán inoculados, polo momento, cunha única dose reducida

G24.gal 23/08/2022 17:28

O plan de vacinación fronte á varíola do mono contempla a administración dunha única dose mentres non haxa máis fármacos. Esta decisión non se aplica a persoas inmunodeprimidas, que si recibirían unha segunda picada aos 28 días.

A estas persoas, ás mulleres embarazadas e aos nenos daráselles a cantidade normal de 0,5 ml de soro por cada picada, mentres que ao resto de maiores de 18 anos inxectaráselles a dose reducida de 0,1 ml, de acordo coas recomendacións que aprobou este luns a Comisión de Saúde Pública.

A segunda dose nas persoas maiores de 18 anos adiarase ata que se dispoña dunha maior cantidade de vacinas.

Polo momento a dispoñibilidade de doses é limitada, segundo explicou o Ministerio de Sanidade, debido á alta demanda mundial e as dificultades para a súa fabricación, debido a que só un laboratorio as produce.

En España notificáronse 6.284 casos, dos que 103 se detectaron en Galicia, e chegaron algo máis de 12.000 vacinas, ás que se sumarán outras 5.000 debido ao avance do brote.

Priorización de grupos

A estratexia de vacinación segue primando as persoas que manteñen prácticas sexuais de alto risco, fundamentalmente os homes que teñen sexo con outros homes.

Esta actualización tamén establece que se empece a vacinar persoas que teñan un alto intercambio de parellas sexuais (10 ou máis no último ano ou máis de tres nos últimos tres meses), que acudan a lugares específicos para practicar sexo en grupo ou que presentasen algunha infección de transmisión sexual no último mes.

Da mesma maneira, priorízase o persoal sanitario en consultas de atención ITS/VIH que atendan persoas con prácticas de alto risco e persoal de laboratorio que manipulan mostras potencialmente contaminadas.

Tamén se contempla o persoal encargado da desinfección de superficies en locais onde se manteñen relacións sexuais de risco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos