A segunda fase do plan de permutas en Friol mobilizará mil hectáreas
A segunda fase do plan de permutas en Friol mobilizará mil hectáreas
A iniciativa tamén se vai poñer en marcha en Ordes, Guntín, A Estrada e Outeiro de Rei
O modelo reduce custos e trámites para as explotacións
Poñer a producir terreos que estaban a monte e intercambiar propiedades de xeito que queden unificadas e máis preto das explotacións. Ese é o espírito das permutas, un acordo legal entre particulares avalado pola Xunta que reduce e simplifica os trámites. A iniciativa comezou con 45 hectáreas en Friol hai dous anos e o éxito foi tal que nesta segunda fase van mobilizarse máis de mil hectáreas en cinco concellos.
Á diferenza das concentracións parcelarias, as permutas non requiren de grandes obras e só é precisa a conformidade dos titulares das parcelas. Así, en menos de ano e medio pode completarse o proceso e os produtores dispoñen de terreos mellor ordenados e, por tanto, máis eficientes.
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural vai achegar 275.000 euros para executar permutas en Friol, Ordes, Guntín, A Estrada e Outeiro de Rei.