Publicador de contidos
Publicador de contidos

A segunda vida dos pazos galegos: moitas familias deciden alugalos para organizar eventos ou vodas

A segunda vida dos pazos galegos: moitas familias deciden alugalos para organizar eventos ou vodas

Foron e seguen sendo construcións emblemáticas con séculos de historia

Os pazos son, en moitos casos, unha herdanza patrimonial e cultural difícil de manter

G24.gal 28/05/2024 14:51

Son auténticas xoias patrimoniais moi difíciles de manter. Por iso moitos herdeiros deciden alugalas ou vendelas.

O Pazo de Cea, do século XVI, tras a súa venda someteuse a unha profunda reconstrución no ano 2010. Dende hai doce anos a súa principal fonte de ingresos son as celebracións.

Moitos deles estaban en estado ruinoso. O Pazo Señorans, situado no corazón das Rías Baixas, mercouse en 1979 e a súa reconstrución durou máis de vinte anos.

Primeiro puxeron en funcionamento a adega e despois o pazo. Agora son dous negocios completamente independentes. O difícil non foi reconstruír, o difícil é manter en boas condicións estes lugares que se sustentan sobre todo coas vodas.

Tanto os exteriores coma os interiores son auténticos patrimonios arquitectónicos, culturais e naturais, que na maioría dos casos só poden subsistir como negocio para non perder a súa esencia e historia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar