Publicador de contidos
Publicador de contidos

Realeza e altos cargos do PP coinciden na voda de Martínez-Almeida e Teresa Urquijo

Realeza e altos cargos do PP coinciden na voda de Martínez-Almeida e Teresa Urquijo

Xoán Carlos I e as súas fillas, Helena e Cristina, asistiron ao enlace

Tamén foron Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda

G24.gal 06/04/2024 14:30 Última actualización 06/04/2024 14:59

A voda de Teresa Urquijo e José Luis Martínez-Almeida foi algo máis ca un evento social. Non era dos enlaces máis agardados do ano, pero o enlace do alcalde Madrid xuntou este sábado na capital de España ducias de políticos e representantes da aristocracia española.

Un dos que espertou máis expectación mediática foi o rei emérito Xoán Carlos I, así como as infantas Helena e Cristina.

Acudiron tamén expresidentes do Goberno, como José María Aznar, presidentes autonómicos, entre eles Alfonso Rueda, o lider do PP, Alberto Núñez Feijóo e outros dirixentes do partido.

A cerimonia relixiosa tivo como escenario a igrexa de San Francisco de Borja e o convite na finca do Canto da Cruz, da familia da noiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade