Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección española aterra en Madrid co trofeo de campioa de Europa

A selección española aterra en Madrid co trofeo de campioa de Europa

Esta tarde fan as visitas institucionais e celebran o trunfo na Eurocopa en Cibeles

Foto EFE
G24.gal 15/07/2024 15:45 Última actualización 15/07/2024 19:19

O avión, cos integrantes da selección española de fútbol, campioa da Eurocopa 2024, co trofeo conquistado, aterrou procedente de Alemaña nunha das pistas do aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Baraxas de Madrid pouco despois das 15:00 horas deste luns.

Tras abrirse a porta do avión, Álvaro Morata, capitán da selección, Luis de la Fuente, seleccionador, e Pedro Rocha, presidente da Federación, saíron co trofeo conquistado que, xuntos, alzaron ao ceo de Madrid.

Tras a comida de equipo, os internacionais españois comezaron as visitas institucionais ás 18:30 no Palacio da Zarzuela, onde foron recibidos polos reis de España, Felipe VI e dona Letizia.

Ás 19:30, a selección acode ao Palacio da Moncloa para ser recibidos polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Desde ese punto arrincará o autobús descapotado para iniciar a celebración polas rúas de Madrid cos afeccionados ata chegar ao Palacio de Comunicacións, onde será a gran festa pola conquista da Eurocopa 2024

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar