Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección feminina chegou a Nova Zelandia, a doce días do comezo do Mundial

A selección feminina chegou a Nova Zelandia, a doce días do comezo do Mundial

España debuta o día 21 ante Costa Rica

G24.gal 08/07/2023 21:44

A selección española feminina chegou esta madrugada a Nova Zelandia, a doce días do comezo do Mundial. A expedición aterrou no aeroporto internacional de Auckland e, tras instalarse no seu hotel de concentración, realizou a súa primeira sesión de traballo, tanto no ximnasio coma no céspede.

Con Tere Abelleira como representante galega, España debutará o vindeiro día 21 ante Costa Rica. Será o primeiro partido dun grupo que completan Zambia e o Xapón. Ata entón toca aclimatarse para preparar con todas as garantías un campionato ilusionante para a selección española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar